Arco Iris denuncia unha tala de 4 hectáreas de fraga en Oza-Cesuras

Unha fraga autóctona

A asociación ecoloxista Arco Iris denunciou unha tala cerca do río Mero, en Oza-Cesuras, dunha superficie superior a catro hectáreas, o que equivale a sete estadios de fútbol. O suceso, na parroquia de Cutián, afecta ao ecosistema do Mero, parte da Reserva da Biosfera, e incide en especies autóctonas por ser unha fraga.

Integrantes do colectivo acudiron á zona cun equipo da televisión francesa que está realizando unha reportaxe sobre talas, incendios e a expansión do eucalipto en Galicia. Anunciaron que remitirán un informe á Fiscalía de Medio Ambiente para denunciaras talas incontroladas e “o seu grave impacto ambiental”.