Oza-Cesuras pon beirerrúas no Castiñeiro e asfalta o aparcamento da área de Reboredo

Captura de pantalla do web Turismo de Galicia coa información sobre a área de Reboredo

O Concello de Oza-Cesuras acomete obras para unir con beirarrúas o centro urbano do Castiñeiro coa igrexa de San Pedro de Oza. O Concello prevé finalizar os traballos nunha semana. A Deputación anunciou tamén onte que financiará as obras de pavimentación das estradas de Reboredo. O investimento, de 55 000 euros, destinarase a renovar o aglomerado de dez viais e do aparcamento do área recreativa, que o alcalde pediu desclasificar como área de baño para evitar ter que acometer solucións estruturais aos recorrentes problemas de contaminación que presenta.