Oza-Cesuras organiza unha viaxe ao norte de Portugal

Pablo González Cacheiro (PP) é o alcalde de Oza-Cesuras

O Concello de Oza-Cesuras organiza unha excursión a Valença do Minho e Vilanova de Cerveira, en Portugal, para o sábado 26 de maio. As prazas son limitadas e terán preferencia os empadronados no municipio. Para formalizar a inscripción, os interesados poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais ou chamar ao número de teléfono 981 792 000.