Outlets en Sada e Betanzos para dinamizar o comercio

Matadeiro da Ribeira

En Betanzos, o matadeiro da Ribeira acolleu o Outlet Matadero, organizado polos comerciantes do casco histórico, un evento no que houbo música, xogos infantís e demostracións culinarias.
Onte foi a quenda dos DJ Fer B e Pau Von Riot, mentres que a sesión vermú foi animada polo trío Miss Lane e The Kryptonians. Os chefs Duarte e Gael Dobarro, de Km Lume Street Food (Ferrol) impartieron a clase magistral “Arroces””. Os comerciantes betanceiros foron, ademais, solidarios co Banco de Alimentos Rías Altas, fomentando a doazón de produtos coa entrega de rifas para un sorteo a aqueles que entregaban achegas.
Sada Comercio, en colaboración coa Concellería de Turismo e Comercio, tamén encheu a praza Irmáns Suárez Picallo de actividade con sorteos de cestas e talleres de cociña.