Os concelleiros que deixaron Anova de Bergondo pasan a Alternativa dos Veciños

Antón Sánchez e Juan Fariña tras abandonar o BNG en Bergondo

Os concelleiros de Anova de Bergondo, que veñen de solicitar a baixa na agrupación por defender urbanizar San Cidre en contra dos criterios do Partido, anunciaron onte a súa alta na Alternativa dos Veciños. Despois dunha reunión na tarde de onte co lider de alternativa, o alcalde de Oleiros, Angel García Seoane “Gelo”, os concelleiros de Bergondo anunciaron que acaban de crear Alternativa dos Veciños Bergondo, coa intención de presentarse ás eleccións municipais do vindeiro ano. Agradeceron o apoio do alcalde de Oleiros e consideraron que o modelo de Oleiros é perfectamente exportábel a Bergondo.

Onte pola noite, Juan Fariña, anunciaba nas redes sociais o seu novo cambio de agrupación despois de formar parte do PP, o BNG, CxG e Anova, colgando nas súas redes sociais unha imaxe do logotipo de Alternativa dos Veciños.