Os alcaldes de Abegondo e Paderne vanse a Menorca a un congreso

O presidente da Reserva de Biosfera dass Mariñas e Terras do Mandeo, José Antonio Santiso, xunto co vicepresidente, César Longo e o xerente, Jorge Branco, viaxaron a Menorca para participar no VIII Congreso Mundial das Reservas da Biosfera.

Segundo o organismo, Santiso abogou por chegar a un acordo coa Xunta para implantar un contrato agrario para impulsar a produción local similar ao que o goberno balear puxo en marcha na illa.