Oroza non acude ao xuízo por lesións a un empregado municipal alegando estar enfermo

Ricardo Sänchez Oroza foi elixido alcalde por CxG

O alcalde de Miño, Ricardo Sánchez Oroza, non acudiu onte a declarar ao xulgado de Betanzos como investigado polo accidente laboral dun traballador. Remitiu un escrito alegando motivos de saúde para non comparecer ante o xulgado que o investiga polo accidente que sufriu un empregado municipal en 2016.

O traballador sofre secuelas graves e “irreversibles” por unha caída cando realizaba labores de poda nunha rama a uns catro metros de altura. O denunciante asegura que lle ordenou realizar este traballo fóra de horario laboral e sen as preceptivas medidas de seguridade. Ricardo Sánchez negou calquera responsabilidade no sinistro.

Á vista do escrito, que entrou onte mesmo por rexistro nas dependencias xudiciais, a sala aprazou a comparecencia, aínda sen data.