Novo accidente na N-VI en Coirós

O Concello de Coirós

Unha persoa resultou onte ferida tras unha colisión na que se viron implicados tres vehículos. O accidente rexistrouse pasadas as 14.00 horas na Nacional-VI, á altura do punto kilométrico 571, no municipio de Coirós.

Como consecuencia do impacto, o condutor dun dos vehículos implicados resultou ferido e tivo que ser evacuado polo equipo do 061-Urxencias Sanitarias ao complexo hospitalario de referencia. O 112 desprazou tamén á zona a Garda Civil e bombeiros.

O sinistro chega no medio dunha mobilización veciñal pola falta de seguridade viaria no cruce de Queirís.