Nova concentración hoxe pola seguridade viaria na N-VI en Guísamo

A comunidade escolar do Centro de Formación Agroforestal de Guísamo e os empresarios do polígono de Bergondo celebrarán hoxe unha nova concentración para esixir ao Ministerio de Fomento que instale unha pasarela peatonal na N-VI. A protesta está apoiada polo Concello e polo BNG e celebrarase entre as 11.00 e 12.00 horas. As concentracións no mesmo punto da estrada organízanse todas as semanas.