Nova concentración hoxe en Guísamo para esixir a pasarela na N-VI

A comunidade educativa do centro agroforestal de Guísamo concentrarase novamente hoxe entre as 11.00 e 12.00  para reclamar unha pasarela que permita cruzar con seguridade a estrada desde a parada de autobús. A comunidade educativa celebra todas as semanas unha protesta para reclamar a obra. A súa reivindicación está apoiada polos empresarios do polígono, polo Concello de Bergondo e polo BNG.