Muniferral acolle o curso de monitor de tempo libre da reserva da biosfera

Concello de Aranga

O local social de Muniferral, no Concello de Aranga, acolle hoxe a partir das 11 horas o acto de presentación do Curso de Monitor de Tempo Libre da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que levará como fío condutor á Reserva de Biosfera e ao seu territorio.

Intervirán no acto o alcalde de Aranga, Alberto Pratas; o de Irixoa, Antonio Deibe, e o presidente da Reserva de Biosfera MCeTM, José Antonio Santiso Miramontes.

Tamén asistirá ao encontro o profesorado encargado de impartir a formación teórica e práctica, así como o alumnado do curso.