A Xunta constrúe unha senda peonil entre Miño e Vilarmaior

A feira das Flores en Vilarmaior

A Xunta ultima unha senda peonil no lugar de Feira do Tres, na estrada AC-160. Trátase dunha senda de dous quilómetros que comunicará Vilarmaior e Miño.

Os traballos ascenden a 45.000 euros. A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou as obras acompañada por representantes dos dous municipios.