O PSOE vota contra a conta de Miño por ser “irreal” e denuncia irregularidades na ORA

un pleno en Miño

O PSOE denunciou onte que a conta xeral de miño non se axusta á realidade e que o goberno local escapa dos “datos negativos” que contén. “Nin no balance nin na memoria recóllese o potencial risco que conlleva o pago dos intereses aos expropiados do ‘Caso Fadesa’ (uns nove millóns de euros) nin a débeda polas leiras expropiadas que aínda quedan por abonar (2,2 millóns)” denunciou o PSOE. Para o grupo que lidera Manuel Faraldo, estes números “demostran unha mala xestión económica e un intento de maquillar a realidade, ocultando aos cidadáns a verdadeira situación do Concello de Miño”.

Ademais, denunciaron o cobro irregular da ORA na praia durante o mes de setembro, realizada “sen cobertura legal” segundo o PSOE. O rexedor, denuncian, “evitou dar explicacións” sobre esta suposta irregularidade. En canto ás posibles irregularidades da Zona ORA, o Goberno de Ricardo Sánchez evitou confirmar se cobrou estr tributo na praia durante varios días de setembro, aínda que a ordenanza aprobada só contempla o cobro nesa zona desde o 1 de xuño de 2018 ao 31 de agosto de 2018.

A Conta Xeral do Concello de Miño aprobouse cos únicos votos da coalición entre o Partido Popular e Sánchez Oroza. O alcalde miñense destacou, en términos similares ao comunicado remitido o día anterior, o dato do remanente de tesorería, que vincula ao “programa de racionalización do gasto deseñado pola Alcaldía de Miño en 2015”, pero a oposición advirte de que “esqueceu cifras como o desaforro de 7,4 millóns, o aforro neto negativo de case 1,5 ou a elevada cuantía de débedas contraídas con entidades de crédito de 15,1 e os 1,7 pendentes de devolver do canon de Piñeiro”.