O Estado concede un novo crédito a Miño para saldar o principal da débeda de Fadesa

Oroza coa deputada de En Marea Yolanda Díaz, que foi a Miño a avalar a estrexia do goberno local sobre Fadesa

A Secretaría Xeral de Financiamento Económico do Ministerio de Facenda accedeu á petición do Concello de Miño e concedeulle un novo crédito que, segundo indica o Goberno local, cubriría a totalidade da débeda principal polas expropiaciones de Fadesa. O novo préstamo de 1 165 000 euros sumar ao de 12,5 millóns concedido ao arranque do mandato.

O crédito materializarase novamente a través do Fondo de Impulso Económico para pagos de sentenzas firmes e o Concello de Miño disporá de dez anos para devolvelo, dous deles de carencia. O goberno local, de Ricardo Sánchez e o PP, destaca que o préstamo permitirá cubrir a totalidade da débeda principal cos expropiados e que deixen de correr os intereses. O alcalde, Ricardo Sánchez, destacou que cumpre “un dos obxectivos principais do Goberno local para a legislatura”, ao “liquidar o 100% da débeda dos expropiados”.

O goberno local non conta os xuros da débeda

O rexedor non conta os intereses pendentes aos propietarios dos terreos para construír a macrourbanización de Fadesa. Nun comunicado de prensa, recalcou que “non está disposto a asumir as esixencias dun grupo de expropiados que esixen unha alta porcentaxe en concepto de intereses”. “Non pagaremos os intereses demandados por unha banda dos expropiados sen unha sentenza xudicial que así o ditamine”, afirmou.

O rexedor sostén que se nega a pagar os xuros

Non é a primeira vez que o alcalde sostén que non pagará os xuros da débeda. Os seus argumentos indignaron aos representantes dos afectados, que inciden en que o pago dos intereses xa lles foi recoñecido por sentenza. A solicitude do crédito que acaba de conceder o Estado foi aprobada en solitario polo goberno local. O PSOE abstívose e criticou que se solicitase sen aclarar que medidas adicionais de aforro pretende adoptar.