Miño presenta o obradoiro de emprego que comparte con Paderne e Pontedeume

Casa do concello de Miño

Miño, Paderne e Pontedeume comparten un obradoiro de emprego para formación en atención sociosanitaria. Serán vinte os alumnos que se beneficiarán deste curso cofinanciado pola Xunta e que conta cun orzamento de 288 807 euros.

Os alcaldes de Miño, Pontedeume e Paderne, Ricardo Sánchez, Bernardo Fernández e César Longo respectivamente, acudiron onte ao acto de presentación de taller, celebrado onte no consistorio miñense, que impartirán seis docentes.