Contacontos esta tarde na biblioteca de Miño

Casa do concello de Miño

A biblioteca municipal de Miño acolle hoxe a partir das seis da tarde unha sesión de contacontos organizada polo Concello e a Xunta. A compañía Pablísimo interpretará o seu espectáculo “O Paroleiro”, no que recorren a poemas numéricos, xogos de sombras, marionetas e narración oral para dinamizar a lectura.

A actividade é gratuíta e está dirixida a nenos e nenas de entre tres e nove anos. O Concello anima ás familias con pequenos a asistir a este espectáculo “moi especial” e “cheo de sorpresas”. Desde o Concello recordan que se trata dunha iniciativa enmarcada dentro do programa de fomento da lectura que ten como obxectivo principal achegar os libros á cidadanía dun modo lúdico e atractivo.