Miño terá que pagar o ano que ven máis de 2,6 millóns de euros da débeda de Fadesa e Monte Piñeiro

O Concello pechou o exercicio cun remanente de 993.719 euros e terá que abonar este ano a primeira cota do préstamo de Fadesa e parte do canon cobrado de Piñeiro, 2.6 millóns -1,7 da cota de Fadesa, 230.000 de intereses e uns 700.000 de Piñeiro-. No Pleno que se celebraron onte o goberno local afirmou que “está levando a cabo unha xestión máis que boa en términos de cumprimento de todas as súas obrigacións, hai que pensar que no ano 2017 tamén se pagou unhas cotas de monte Piñeiro, intereses e amortizaciones de débeda cos bancos, intereses dos 12,5 millóns de euros e, con fondos propios, o 1 % que se debía aos expropiados que quedara pendente de pago”. Ricardo Sánchez remarcou como datos positivos o remanente e que cumpriron “con dúas das tres regras de gasto” aínda que recoñeceu que a do límite de débeda “segue sen cumprirse e por algúns anos vai ser complicado que o Concello a cumpra, pero o importante é que asuma e pague os seus compromisos”, estimou.

A lectura da oposición non é tan triunfalista. O portavoz do PSOE, Manuel V. Faraldo, recordou que o remanente municipal no 2015 alcanzaba 594.252 euros, polo que apostillou que «realmente ou esforzo realizado polo Concello nestes dous anos foi de 400.000 euros». Fronte a eses datos, o alcalde asegurou que se logrou nese tempo baixar o límite da débeda, que estaba nun 300 % ata o 278 %, que atribuíu á «desgraza» de ter que pagar aos expropiados, unha denominación que non gustou ao líder do PSOE que lle recordou que se pagou porque no seu día o goberno popular non xestionou ben a tramitación e foi condenada, subsidiariamente, ao abono das expropiacións.

Pola súa parte dende o BNG, sen representación na corporación afirmaron que “a actuación do goberno de Ricardo Sánchez e do Partido Popular resúmese en opacidade, mentiras e estafa á veciñanza; todo para facer pública a débeda privada dunha constructora”.

Intervención puxo reparos a 24 servicios municipais

O departamento de intervención de Miño puxo reparos a 24 servizos municipais durante o pasado ano 2017. O pleno deu conta onte do expediente da liquidación da conta do pasado exercicio, que desvela que o Concello non só non logrou regularizar os servizos con contratos caducados si non que estes van en aumento. O alcalde, Ricardo Sánchez, admite no seu informe que ata 24 servizos préstanse de forma irregular por incumplirse “os trámites esenciais que require a contratación administrativa”, na maioría dos casos, polo vencimiento dos contratos.

As anomalías afectan a dez servizos de limpeza distintos e aos contratos de mantemento do campo de fútbol, transporte municipal ao centro de saúde, monitores de actividades culturais, telefonía, aos de ascensores, lacería, asesoramiento xurídico dos servizos sociais, podología, axuda no fogar, recollida de lixo en Costa Miño Golf, mantemento dos sistemas de roubo e seguro das instalacións municipais.