Miño pedirá axuda á Deputación para renovar o campo de Gallamonde

Un partido da AD Miño

O Concello de Miño solicitará axuda á Deputación para renovar o campo de fútbol de Gallamonde, que se atopa no “límite da súa vida útil”, segundo alerta o clube desde hai meses. O goberno provincial xa trasladou ao PSOE a súa disposición a colaborar no arranxo dun recinto no que adestran 8 equipos.

O alcalde, Ricardo Sánchez, e o edil Jesús Veiga, reuníronse con responsables do clube e co presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, que reiterou a súa disposición a colaborar coa redacción do proxecto. Desde o clube cuestionaron, hai unhas semanas, que do goberno local recibían boas palabras mais non compromisos concretos.