Medio Ambiente anula a rexeneración da praia de Sada polos danos aos ecosistemas da ría

Vista aérea da beira mariña de Sada

O MInisterio de Medio Ambiente, por medio da Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y el Mar, publicou onte no perfil do contratante o anuncio de desestimento do contrato de rexeneración da praia de Sada, tras atender a alegación presentada pola Sociedade Galega de Historia Natural. A Delegación das Mariñas da entidade ecoloxista advertiu que o proxecto supoñería acabar coa pradeira submarina de zostera noltii e zostera mariña, especiais catalogadas en réxime de protección especial, que dan soporte a innumerable cantidade de especies de valor comercial.

A SGHN das Mariñas non foi o único colectivo en alegar. Segundo recolle a resolución de Medio Ambiente presentaron recursos ata seis colectivos ecoloxistas e tamén os representantes de Promotora Industrial Sadense, Mexilor SL. Loranmar SL, Cooculmar SGC e Ostrares, que respresentan aos bateeiros e bateas de cultivo de mexillón de ría e que esixiron que se modificase o enclave elixido para a extracción de area. O proxecto, defendido e reclamado tanto polo alcalde sadense como por En Marea, supuña sacar area do fondo de Lorbé, onde se reproducen innumerables especies comerciais da ría.

Medio Ambiente anula a licitación ao recoñecer á existencia dunha pradera mariña que non recollía a declaración ambiental de 2010, polo que considera necesario proceder a unha “análise en profundidade” e deixa no aire a execución nun futuro deste proxecto.  É a segunda vez que o Ministerio de Medio Ambiente anula a licitación e apela nuevamente a unha “infracción non subsanable” do procedemento, o mesmo motivo que alegou en abril de 2017.