Maceiras e Veiga, do PP de Miño, declaran no xulgado de Betanzos por fraccionar contratos

Jesus Veiga e Juan Maceiras (PP)

Onte declararo no xulgado de Betanzos como investigados por un delito continuo de prevaricación, Juan Antonio Maceiras, ex-alcalde de Miño polo PP e Jesús Veiga, teniente de alcalde de Maceiras e actual teniente de alcalde de Ricardo Sánchez Oroza.

A denuncia que deu lugar á declaración foi impulsada polo PSOE de Miño debido ao fraccionamento de contratos unha semana antes das eleccións de 2007. Estes fraccionamentos producíronse contra os reparos da intervención que advertiu de que amparaban os contratos “a dedo” a determinadas empresas.

Aínda que as declaracións de Maceiras e Veiga non foron públicas sí trascendeu que o ex-alcalde defendeu que a contratación de 5 obras polo procedemento negociado sen publicidade, segundo as súas declaracións para aceleralos e que puideran executarse no verán.

Pola súa banda Veiga, actual tenente de alcalde, explicou que naquel momento el non tiña competencia en contratacións nin adxudicacións, e entende que non houbo ningunha irregularidade. O actual tenente alcalde replicou ao PSOE que “as eleccións non se gañan nos xulgados”.

O PSOE interpuxo esta denuncia polos duros informes da “intervención”, e asegura que as contratacións directas impediron que se produciran baixas nos contratos que abaratarían os traballos.