Isabel Reimúndez encabezará a candidatura do BNG en Sada

Isabel Reimundez será a candidata do BNG á alcaldía de Sada

Isabel Reimúndez será a candidata do BNG de Sada nas eleccións de 2019. Socióloga, traballadora do sector textil, presidenta do comité de empresa como delegada da CIG e afeccionada ao surf. Ten 30 anos simpatiza desde que era unha adolescente co BNG.

A nova candidata do BNG afirmou onte sentirse “moi orgullosa” da responsabilidade que lle encomendaron os seus compañeiros e compañeiras de partido e “moi esperanzada” ao contar con “un equipo de persoas capaces nos que se mestura mocidade e experiencia na xestión municipal”. Reimúndez avanzou que a súa intención é formar unha lista cun 60% de mulleres, o tope que establece a lei de paridade, dado que son maioría no seu equipo.

O BNG é a primeira formación de Sada en presentar á súa candidata para as eleccións de 2019. O anuncio chega despois de que Liss Becerra anunciase a súa renuncia a repetir como cabeza de lista. A formación anunciou tamén que convocará nos próximos días un acto para presentar públicamente á súa nova aspirante á Alcaldía.