Irixoa quere reducir a velocidade en Verís a 30 km/h

Campo de mámoas e pedrafita de San Antón

O Concello de Irixoa expón ao público un cambio na ordenanza de tráfico para reducir a velocidade nun tramo de Verís, concretamente na zona de Igrexa. O Concello prevé limitar a 30 quilómetros por hora a velocidade neste punto debido á “especial perigosidade” deste tramo da estrada.