Homenaxe a Filomena Dato en Bergondo

Filomena Dato ante a tumba de Rosalía

O Concello, a Real Academia Galega e as asociacións Irmáns Suárez Picallo e Lisístrata homenaxean a Filomena Dato, a segunda muller, tras Rosalía, en publicar un libro en galego. Pioneira na loita feminista e académica correspondente dende a fundación da Real Academia Galega, en 1906, a súa labor punteira e a súa obra reivindicáronse onte.

A homenaxe celebrouse xunto ao cemiterio de Moruxo, onde xacen os restos da autora e que, segundo publicou Antón Vilar Ponte, adquiriu outra dimensión ao acoller os restos da Poetisa das Mariñas, de cuxo falecemento se cumpren hoxe 92 anos.

A homenaxe combinou representacións de varios textos da autora, como MorriñaNeve o Anduriña Viaxeira, a cargo de alumnos do CPI Cruz do Sar; con discursos da actriz Ana Hermida e a escritora bergondesa Dorés Tembrás, que reivindicaron a obra de Dato; e os pronunciados polo presidente da RAG, Víctor Fernández Freixanes, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez. No acto descubriuse unha escultura na honra da poetisa. Preto do monolito realizado en baixorrelieve colocouse un retrato da escritora cedido para a ocasión por dúas sobriñas bisnetas. O acto foi conducido polo parroco Rubén Aramburu.

Reedición do seu libro, Follatos

Todas as persoas asistentes á homenaxe levaron para a casa gratuitamente a reedición realizada pola Deputación da Coruña, en colaboración co Concello de Bergondo e a RAG, do libro que Filomena escribiu íntegramente en galego, Follatos. A obra obra muy representativa de la naturaleza de la autora, llena de referencias en defensa de la figura de la mujer.