O festival Frionorostro anirmará o fin de semana en Miño

Este fin de semana, 10, 11 e 12 de agosto terá lugar en Miño o festival Frionorostro na rúa Real organizado pola asociación O Submarino. O festival dará comezo o venres ás 22 h. co concerto de Astrogirl.

O sábado 12 de agosto ás 11 comezará a festa con alboradas co grupo O Castro de Miño, a continuación terá lugar o pregón a cargo da actriz Isabel Risco e tamén pola mañá abrirán os postos de artesanía e comida. Ás 18 comezarán os xogos tradicionais tanto para nenos e nenas como para maiores e xa pola noite ás 22:30 h. terán lugar as actuacións de Scandalo Gz, Artificieros e Dj Reverendo Epifanía.

O domingo 13 de agosto ás 11 comezarán de novo as alboradas, logo haberá unha charla con Xurxo Souto e a actuación de Rudi Dudi. Á 13:30 h. actuará Ce Orquestra Pantasma. Xa ás 17:00 haberá xogos cos nenos, de arte e natureza con Anxo Moure e Servando Barreiro. O gran fin de festa será a partir das 22 h. cos concertos de Blues do País e Os Alcántara e unha queimada.