Ferido nunha saída de vía noutro accidente na AC-840 en Oza-Cesuras

Os bombeiros de Betanzos finalmente non tiveron que intervir no accidente

Unha persoa resultou ferida tras saírse da vía en Oza-Cesuras e chocar contra un poste eléctrico cando circulaba pola AC-840. Segundo informa o 112, o impacto provocou feridas de consideración ao condutor, que foi atendido polos profesionais sanitarios e trasladado en ambulancia ao complexo hospitalario.

Nun primeiro momento, as testemuñas do accidente aseguraban que a persoa estaba atrapada, polo que, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Betanzos. Finalmente, comprobaron que a persoa estaba liberada e descartaron intervir. O GES de Curtis tamén foi alertado, aínda que finalmente non tivo que intervir.