Falece unha veciña de Coirós nun accidente na N-VI con dúas persoas máis feridas

Fachada do Concello de Coirós, na beiravía da N-VI

Unha muller de setenta anos e natural de Coirós faleceu onte nun accidente con dous coches implicados na Nacional-VI. O accidente rexistrouse ás 20.33 horas no quilómetro 571 da estrada. Segundo informou a Garda Civil tratouse dun choque frontolateral no que tamén resultaron feridas leves dúas persoas. A Garda Civil investiga as causas do accidente. As probas de alcoholemia realizadas polo instituto armado arroxaron un resultado negativo.