Falece un mozo ao caer desde un tellado no polígono de Bergondo

Imaxe dun polígono

Un mozo de 21 anos, de iniciais P.I., faleceu a tarde de onte ao caer desde o tellado dunha nave industrial situada no polígono de Bergondo. Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, o mozo atopábase realizando labores de mantemento do tellado cando se produciu o accidente, en torno ás catro e media da tarde de onte.

Ao lugar, ademais dos servizos sanitarios de Urxencias, acudiu a Garda Civil, Protección Civil e a Policía Local. Pese aos labores dos servizos de urxencias, os sanitarios non puideron salvar a súa vida, falecendo no instante. Segundo informaron onte os efectivos de Urxencias, o mozo era natural de Carral e realizaba labores de mantemento do tellado dunha nave como autónomo. Un dos seus compañeiros de traballo e efectivos de Urxencias intentaron sen éxito manter as súas constantes vitais co desfibrilador ata a chegada da ambulancia.