Dúas persoas e un bebé feridos nunha colisión múltiple na N-VI en Bergondo

Tres persoas resultaron onte feridas de diversa consideración, entre elas un bebé, nunha colisión ocorrida pouco antes das dúas da tarde entre tres vehículos en Bergondo, nas inmediacións do acceso do polígono industrial e do emblemático edificio Utande, na N-VI.

Un particular avisou ao 112 sobre a unha e media da tarde por un choque de tres vehículos por alcance nunha das saídas do polígono industrial cara á estrada estatal. O servizo de emerxencias mobilizou un equipo de Urxencias Sanitarias, Garda Civil de Tráfico, bombeiros de Betanzos e Protección Civil de Bergondo. O meniño atópase ingresado con prognóstico reservado.