Dous motoristas feridos tras unha caída na N-VI

A N-VI na Costa do Sal

Dúas persoas resultaron feridas tras unha caída da moto na que circulaban, nun accidente sucedido en Betanzos, na N-VI en dirección a Lugo, segundo informou a Axencia Galega de Emerxencias 112 Galicia.

Un dos implicados no sinistro púxose en contacto co 112, en torno ás seis da tarde do domingo, para pedir axuda. Deste xeito, comunicouse o aviso ao 061-Urxencias Sanitarias, así como á Garda Civil de Tráfico e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Finalmente, os dous feridos foron evacuados ao centro hospitalario da Coruña.