A Deputación devolverá fincas expropiadas no 2005 para ampliación da estrada de Guísamo a Guiliade

En 2005 acordouse a ejecución de expropiaciones para realizar uns traballos de ampliación e executar beirarrúas entre Guísamo e Guiliado. A Deputación provincial notificou nos últimos meses a varios propietarios a reversión de varias parcelas que lles expropiara para executar a obra. A asistencia técnica contratada no seu día polo organismo provincial constatou que se expropiaron varios terreos que non eran necesarios para executar a obra, que experimentou varios modificados ao longo dos anos. Por esa razón iniciou un proceso de desafectación ao cualificar de “innecesarias” esas leiras e acordar a súa reversión ao titular.

Esta resolución conleva a devolución dos cartos ao organismo provincial. Non terán que devolvelo os expropiados, xa que en principio esas cantidades estaban constituídas na Caixa Xeral de Depósitos aínda. Trátase de leiras valoradas nuns tres mil euros de media, segundo a valoración do xustiprezo.

Os expropiados poden presentar un recurso de reposición ante a Diputación ou recurso contencioso-administrativo no xulgado

O proceso de ampliación e execución de beirarrúas neste tramo, que afecta únicamente a Bergondo, iniciouse en 2005 aínda que a solicitude de declaración urxente de ocupación foi en 2006. Entón dicíase que era unha obra urxente polas curvas perigosas, a estreitez da vía e mal estado da calzada.

A Deputación fixo varios proxectos, presentáronse recursos xudiciais, houbo cambios nas leis e o propietario do pazo Villa Julia recorreu o proxecto que obrigaba a derribar un muro protexido, a xustiza deulle a razón e houbo que dividir a obra en dúas fases. A primeira xa está rematada pero a fase que correspondería a entrada do citado Pazo segue sen executar e descoñécense os prazos e posíbel solución a pesar das queixas veciñais pola perigosidade deste tramo.