Denuncian a falta de profesorado no CFEA de Guísamo

Unha imaxe do CFEA de Guísamo

Estudantes do Ciclo Superior de Paisaxismo da Escola Agraria de Guísamo denunciaron que levan máis de dous meses sen clases dun módulo por falta de profesor. O alumnado do centro recolle firmas para reclamar á Consellería de Medio Rural, responsable das instalacións, que cubra de forma inmediata unha praza que quedou vacante o pasado curso.

Denuncian que a causa de faltar este docente perderon case un trimestre, no módulo de viveiros. Os afectados son aos estudantes de primeiro e segundo.