Suprimen tres puntos de verquido ao río en Curtis

Imaxe de arquivo dun verquido no Carregal. 

A Consellaría de Medio Ambiente iniciou esta semana os traballos para suprimir tres focos de vertido incontrolado de residuos sólidos que existen nos lugares de Portecelo, Carneiros e Canteira Montealto, no municipio de Curtis.

A actuación terá un custo de 24 711 euros e supoñerá a retirada do material acumulado e a colocación de vegetación nos tres puntos.