Os colexios e insitituto de Curtis desenvolven un programa contra a violencia de xénero

Javier Cainzos (PP) é o alcalde de Curtis

A área de Igualdade do Concello de Curtis, a través do seu CIM (Centro de Información ás Mulleres), desenvolve por segundo ano consecutivo o programa educativo Iguais nos colexios de Curtis e Teixeiro e no instituto de Teixeiro. A iniciativa pretende formar de modo crítico aos mozos sobre a violencia de xénero e a igualdade. Os nenos de Primaria traballarán con conceptos en talleres e os do instituto farán un curto.