Ferido tras bater contra catro vacas en Curtis

Un condutor resultou onte ferido na N-634 en Curtis.  O vehículo impactou contra catro vacas que cruzaban a estrada, provocando, segundo informa o GES, a morte ao instante das reses.

O condutor foi trasladado ao hospital cunha ferida na cabeza. O accidente obrigou a cortar un carril ao tráfico.