Curso gratuíto de mellora das habilidades comunicativas

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo organiza, en colaboración coa escola de oratoria Talkk, un curso para mellorar as habilidades de comunicación. O taller, gratuito, se impartirá no local social municipal de San Marcos, os días 11 e 18 de abril e 2, 9, 16 e 30 de maio. O horario será de tarde, de tres a 17.30 horas.

O obxectivo destes cursos gratuitos é que os usuarios adquiran unha boa capacidade comunicativa, o que pode axudar á hora de buscar unha saída laboral. O prazo de inscripción para apuntarse a estes talleres finaliza hoxe. Hai dez prazas dispoñibles e pódense solicitar nas oficinas da Asociación Mariñas-Betanzos, a través do teléfono 981 669 541 ou ben no correo electrónico info@marinasbetanzos.gal.

A escola de oratoria Talkk, coa súa sé na Coruña, ofrece non só clases de oratoria, senón tamén a organización de torneos de debate e servizo de coaching que axuda a desenvolver certas habilidades.