Convocadas concentracións diante do CFEA de Guísamo

“Sen riscos e con seguridade”. A comunidade educativa do Centro de Formación Experimental Agroforestal (CFEA) de Bergondo convocou protestas para reclamar ao Ministerio de Fomento un pasarela que “permita o uso sen riscos das dúas paradas de autobús”. As concentracións están previstas para os días 4, 11, 18 e 25 de abril fronte ao CFEA a ambos os dous lados da vía de 11.00 a 12.00 horas.

A comunidade educativa do Centro de Formación Experimental Agroforestal, o Concello e o tecido empresarial do polígono reclamaron fai meses á o Ministerio de Fomento a “instalación urxente” dunha pasarela peatonal elevada na Nacional VIN, á altura deste centro de formación en Guísamo. Nesta zona existen dúas paradas de autobús en ambas marxes da vía e o CFEA conta cun gran número de alumnos, algúns menores de idade, ademais dos traballadores do polígono, e todos se ven obrigados a cruzar a estrada “sen seguridade ao non existir ningún paso de peatones”, nun punto ademais con moita intensidade de tráfico.

O director do centro de formación tamén solicitou por escrito á Consellería de Medio Rural un paso peatonal, petición que xa se fixo noutras ocasións. Familias de escolares ademais reuniron xa máis de duascentas firmas de afectados para apoiar a súa demanda. O Concello bergondés encargou un informe á Policía que determinou que nesta zona non se debía instalar un paso de peatones ao ser un cambio de rasante que impide a visibilidad, polo que a mellor solución sería unha pasarela.

Estas concentracións están apoiadas polo Concello de Bergondo. O BNG bergondés tamén fixo público o seu apoio a través dos seu perfil nas redes sociais.