Convocadas as bolsas educativas municipais en Abegondo

Santiso Miramontes (PP) é o alcalde de Abegondo

O Concello convocou unha nova edición das súas bolsas municipais para apoiar o acceso a todas as etapas educativas. O prazo para optar ás becas xa está aberto. No caso de Infantil, cada solicitante obterá 80 ou 60 euros, segundo a renda; en Primaria, as axudas son de 100 ou 75 euros; e en Secundaria, as becas ascenden a 115 ou 90 euros. As bolsas non se concederán ás persoas cunha renda superior ao 150% do Iprem.

Na etapa de Bacharelato, ciclos formativos e demais ensinos medios con carácter postobligatorio, as bolsas pretenden colaborar cos gastos de desprazamento e a contía varía segundo a distancia desde a residencia do alumnado ao centro educativo entre os 100 euros de mínimo e os 225 euros si a distancia é superior aos 15 quilómetros. Nos casos de solicitantes de Educación Especial, concederase o máximo das axudas.