O Consorcio advirte dun repunte nos abandonos de cans

Gelo e Santiso Miramontes na canceira de Abegondo dependente do Consorcio

O servizo de lacería do Consorcio das Mariñas, que presta Servigal, rexistrou un repunte do 15,87% dos abandonos durante este ano nos oito concellos que conforman o ente supramunicipal.

Segundo os datos facilitados pola concesionaria, as saídas para recoller cans e gatos incrementouse nun 15% entre xaneiro e setembro deste ano con respecto aos rexistros do pasado ano durante eses mesmos meses.

A empresa detectou un repunte tamén no número de animais recollidos con chip do 10,6% e tamén do número total de reclamados (un 8%). A porcentaxe de adopcións, porén, rexistrou un descenso do 9,2%.