O Concello de Sada oponse aos usos que fixa a Xunta na declaración BIC da Terraza

O Concello de Sada presentou alegacións ao expediente aberto pola Consellería de Cultura para declarar A Terraza Ben de Interese Cultural. O Concello oponse aos usos que fixa a Xunta na súa resolución e pide que se respecte a cualificación que lle outorga o plan xeral de sistema xeral de equipamiento público de uso socio-cultural.

A Consellería de Cultura estipula na súa resolución que este singular quiosco modernista manterá o uso actual de hostelería, que poderá compaxinar con outros complementarios como culturais ou de lecer sempre que sexan compatibles coa conservación e características do edificio.

A declaración de Ben de Interese Cultural da Terraza foi reclamada insistentemente polo Concello, asociacións culturais e polos propios propietarios para obter axudas para a súa conservación. Este antigo quiosco de golosinas e refrescos deseñado por Antonio López funciona actualmente como restaurante e jazz café.