O Concello de Miño solicita que as súas liñas de bus accedan ao centro da Coruña

O Concello de Miño solicitará á Xunta de Galicia que as súas liñas de transporte urbano poidan acceder ao centro da Coruña na nova fase do Plan de Accesibilidad autonómico. O Goberno local explicou onte que obxectivo é que os traslados dos usuarios deste servizo “conten con garantías da efectividade do mesmo e que se optimicen os tempos de traxecto”.

O Executivo trasladará a súa petición hoxe aos responsables da Consellería de Infraestructuras e Vivenda na comisión de seguimiento.

O Concello de Miño explicou onte que seguirá cofinanciando ao longo de 2019 o Transporte Metropolitano na provincia da Coruña cun investimento superior aos 12.000 euros. “Deste xeito, e como estaba xa anunciado polo Goberno local, os veciños e veciñas do municipio de Miño poderán seguir acolléndose ás tarifas deste servizo con descontos de ata o 50%”, sostén o Goberno local nun comunicado.