O concello de Curtis gastará 16 mil euros en subvencións ao CCD Curtis e á SDC Teixeiro

Javier Cainzos (PP) é o alcalde de Curtis

O pleno que celebrará mañá o Concello de Curtis aprobará a concesión de senllas subvencións de 8.000 euros ao Centro Cultural e Deportivo de Curtis e a Sociedade Deportiva e Cultural de Teixeiro. O Goberno local xustifica a entrega destas axudas polo elevado número de socios de ambas entidades, que suman entre as dúas case 700 persoas, así como das súas licenzas deportivas, situadas en torno ás 180.

Tamén destaca o Executivo municipal o alto número de seguidores e de beneficiados pola actividade deportiva dos dous clubs durante todo o ano, xa que se atopan entre as máis activas do municipio. Segundo o Concello, dedícanse a impulsar a práctica do deporte en todas as categorías desde fai anos, xa que o Teixeiro ten equipos de fútbol de modestos e veteranos, aos que sumará un de xuvenís, mintas que o Curtis dispón pola súa banda de categorías de modestos, veteranos, xuvenís e cadetes.