O concello de Coirós busca ao autor de destrozos nunha marquesina

O Concello de Coirós

O Concello de Coirós pide a colaboración das veciñas e veciños para atopar aos responsables do destrozo dunha marquesina do transporte público do lugar de Xora. Sospeita que o impacto dun camión ou un vehículo similar causou os danos, que deixaron a instalación “completamente inservible”, asegura o Concello.

Unha veciña do lugar alertou onte ao Concello do estado da marquesina, que utilizan escolares e usuarios do transporte público xeral e que é propiedade municipal. O Concello denunciará o incidente e valora o custo da reposición da marquesina para a súa sustitución. O Concello pide aos veciños aportar todos os datos útiles para identificar ao responsable.