O concello de Coirós abrirá a piscina o vindeiro día 1 de xullo

O Concello de Coirós

O Concello de Coirós anuncia que o acceso á piscina municipal a familias numerosas, monoparentaos e persoas en situación de desemprego será gratuíto. A Piscina abrirá o vindeiro domingo 1 de xullo en horario de 14.00 a 21.00 horas de luns a venres e de 11.30 a 21.00 horas os sábados e domingos. Os bonos mensuais para empadroados serán de 5 euros e os familiares para catro membros, de 15 euros.