O Concello de Bergondo sacou a contratación por 65.000 euros ao ano o mantemento do alumeado

Goberno local de Bergondo do PSOE e Anova

O Concello licita o servizo tras catro anos de contratos irregulares. A xubilación do electricista municipal levou ao Concello a privatizar en 2014 este servizo, que mantivo ata agora con sucesivos contratos menores á empresa Tecnored. Secretaría e Intervención puxeron reparos ás facturas mensuais da empresa polo incumplimiento da lei de contratación por producirse un fraccionamiento do contrato e “eludir os requisitos de publicidade ou os relativos aos procedementos de contratación que correspondan”.

A alcaldesa de Bergondo, a socialista Alejandra Pérez, atribuíu a situación ás dificultades para redactar un pliego que se axustase ás necesidades do Concello. A rexedora explicaba a mediados de 2017 que o Concello traballaba coa Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña para regularizar a situación do servizo. “O Concello é consciente da necesidade de contratar o servizo, pero non ía deixar de prestalo dado que ese esencial e indispensable para o benestar público”, argumentaba.

O servizo sae a licitación case paralelamente á petición por parte do Concello de Bergondo dunha subvención de 800.000 euros ao Instituto para a Diversificación e Enerxía (IDAE) para modernizar 1.961 puntos de luz do municipio, un 59% o total. O proxecto, que ten un orzamento total dun millón de euros, abarca o cambio de luminarias, a reforma da instalación eléctrica e a dotación de novos centros de mando. Segundo recolle a memoria, dos 62 cadros de mando dos que dispón o Concello, 50 deben substituírse e 10 reformarse.

O Concello prevé un aforro do 81% no consumo coas obras de modernización do alumeado. O Executivo municipal informa que a ejecución da obra para a que solicita a subvención dun millón de euros permitiría reducir o gasto energético en 120.198 euros anuais: de 148.044 a 27.846 euros.

Os socios de goberno do PSOE en Bergondo, Anova, que fixeron campaña pola remunicipalización de servizos e a xestión pública dos servizos básicos non puxeron pega ningunha a esta nova privatización.