O concello de Bergondo desaloxará as praias na noite de San Xoan ás 4 da mañá

O Goberno local de Bergondo acaba de emitir un bando no que establece as normas de convivencia e seguridade para a celebración de . Entre eles, o horario das lumeiradas, que non poderán acenderse antes das 20.00 e teñen que estar apagadas ás 04.00 h.

Os areais serán desaloxados a esta hora pola Policía Local e Protección Civil de Bergondo para evitar problemas derivados dos cambios de marea, despregando un dispositivo para tratar de garantir a seguridade dos asistentes ás dúas praias nas que se permite facer lume: Gandarío e O Pedrido. Nas demais praias do concello está prohibido facer lumeiradas.

Ademais, prohíbense as fogueiras que superen os tres metros e o uso de combustibles para avivar as chamas, montar toldos e tendas de campaña de gran tamaño.  Aquelas persoas que desexen facer unha lumeirada, sardiñada ou grellada entre o 23 e o 24 deberán comunicalo previamente ao municipio por escrito ou enviar un correo a policía.local@bergondo.gal indicando os datos da persoa responsable e onde se fará.

Os responsables locais fan un chamamento aos veciños para que, ao acabar, o espazo onde se instalen quede limpo, á vez que anuncian o peche da estrada de acceso ao areal de Gandarío.