O concello de Bergondo anuncia un plan de investimentos con cargo ao superávit de 1,7 millóns

Goberno local de Bergondo do PSOE e Anova

Bergondo elevará a pleno o xoves a conta xeral de 2017. O Goberno local avanzou onte que o documento “confirma a boa saúde das arcas municipais”, cun superávit de 1,7 millóns. O Executivo sostén que prepara un “ambicioso” plan de investimentos con cargo a este excedente que “verá a luz nos próximos meses”.

Reparos en 2017

O informe de Intervención detalla 44 reparos no seu informe ás contas de 2017. O Goberno local sostivo onte que algúns xa están liquidados, como o do programa de maiores, e outros están en trámites, como o de mantemento eléctrico.