O concello de Bergondo anuncia que gastará máis de 300 mil euros no asfaltado de camiños

Alejandra Pérez (PSOE) é a alcaldesa de Bergondo

O plan de mellora de camiños municipais posto en marcha polo Concello de Bergondo saca a licitación o proxecto de asfaltado de dez vías situadas nas parroquias de Moruxo, Bergondo, Guísamo e Ouces que conta cun orzamento inicial de 307.729 euros. As obras están incluídas no Plan Único da Diputación e realizaranse en camiños que están en malas condicións para o paso de peóns e vehículos por mor das obras realizadas na rede de saneamento e polo paso dos usuarios, segundo informou o goberno local.

Os viais afectados son o que vai da estrada DP-0807 a Moruxo, o da DP-0813 a Cangas, da DP-0808 a Bergondiño, da AC-164 á AC-162, da AC-164 a Pedrosa, da AC-161 a Covas, da AC-170 a Cardosas, da DP-0810 a San Paio, da N-VIN a Rúa Nova e Loureda, e da AC-214 a Baldomir.

O Concello admitirá ofertas ata o 21 de agosto e a empresa adxudicataria disporá dun prazo de tres meses para executar as obras.