Coirós refai varios proxectos de saneamento incluídos no POS+ deste ano

O Concello de Coirós

Os goberno local de Coirós levará esta noite ao pleno reformular varios dos proxectos que incluíu no POS+ deste 2018. O executivo do PP proporá reformular proxectos por 77.309,89 euros. Estas obras, incluídas nos proxectos do POS 2018, inclúen o saneamento de Longras-Armea e o abastecemento en Coirós de Abaixo, Casa Nova-Figueiras, Merille, Coto-Colantres, e saneamento e abastecemento en O Castrillón.

Os traballos tamén completarán infraestruturas no municipio e mellorarán a seguridade vial. No pleno tamén se someterá a aprobación a conta xeral, cun superávit de 68.283,71 euros.

Malia os recorrentes resultados positivos e os investimentos dos Plans de Obras provinciais desde hai 30 anos en saneamento, o certo é que o municipio dista moito de ter pechado a dotación de sumidoiros, abastecemento de auga e tratamento de augas residuais que a Lei de Réxime Local establece como obrigatorio para todos os concellos desde 1985.