Coirós denunciará unha sabotaxe no alumeado público en Figueiras

Fachada do Concello de Coirós, na beiravía da N-VI

O goberno local de Coirós anunciou que dennunciará ante a Garda Civil unha sabotaxe do alumeado público no entorno do centro de saúde e a escola infantil de Figueiras. O tenente alcalde e delegado de urbanismo, Manuel Corral, especula con que “é probable” que os autores fosen “sorprendidos durante o roubo da liña de roubo e desistisen”. Explica que foron forzadas as caixas dos postes das luminarias e cortado o cableado interior das farolas.