O Club Náutico Firrete de Miño gaña a III Regata da Liga Provincial da Coruña

O Club Náutico Firrete de Miño conseguiu a vitoria na terceira proba da liga, disputada esta mañá no porto deportivo de Miño, o podio completárono o Piragüismo Rías Baixas e o Ría de Betanzos. O pasado domingo celebrouse no porto deportivo do Concello de Miño, a III Regata da Liga Provincial da Coruña 2018. A competición que estaba organizada polo equipo da localidade contaba con máis de 350 participantes

O Club Náutico Firrete conseguiu a súa terceira vitoria consecutiva nesta liga ao sumar 7593 puntos, a segunda posición ocupouna o Club Náutico Ría de Betanzos con 5266 puntos, sendo o terceiro posto para o Club Deportivo Náutico de Miño con 4814 puntos.

Os triunfos máis destacados a nivel individual foron en categoría cadete kayak Jorge Suárez e Iren Lata do do Ría de Betanzos, sendo os canoistas do Piragüismo Rías Baixas Miguel Iglesias e Antía Romero os que se levaron o ouro.

Pola súa banda os infantís A Mauro Domínguez do Piragüismo Rianxo e Andrea García do Club Cabanas KDM gañaron as súas respectivas probas de K1. Mintas que en kayak masculino infantil B Martín Antelo do Ribeiras do Tambre foi o vencedor e a vitoria feminina correspondeulle a Inés Domínguez do Grupo Xuvenil, doutra banda na modalidade de canoa a primeira foi Silvia Calvo do Náutico Firrete.

Finalmente a categoría Alevín A deixounos como ganadores das súas probas a Oscar Allegue e a Celia Montero do Náutico Firrete. Yerai Néboa do Piragüismo Narón e Aroa Rodríguez do Ría de Betanzos conseguiron a primeira posición na categoría Alevín B. En homes benjamín o primeiro foi Hugo Méndez do Club Cabanas KDM e en mulleres Sara Guilbert do Ribeiras do Tambre. A categoría pre benjamín deixaba en primeira posición masculina e feminina a Mateo Allegue do Náutico Firrete e a Sabela Fernández do Piragüismo Rianxo. A seguinte competición desta liga provincial 2018 terá lugar o vindeiro sábado 11 de agosto.